Máis de 1.500 casos de covid-19 nos colexios galegos e dúas escolas infantís pechadas
Publicado o 15/01/2021 19:01

Os casos de covid-19 na comunidade educativa galega superan xa os 1.500 tras un novo incremento de case 100 positivos máis respecto das cifras do xoves.
Esta situación obriga a manter en corentena 31 aulas e á clausura temporal de dúas escolas infantís. O último centro pechado de forma temporal tras detectarse casos de coronavirus foi a escola infantil unitaria de Trives , que se suma á tamén gardaría Pequenucos de Cuntis, cuxo peche foi comunicado polas autoridades santiarias o pasado xoves.
Máis sobre Galicia
26/02/2021 12:21
26/02/2021 09:48