CRTVG

Buscar

Mahmud Abás convoca eleccións lexislativas e presidenciais

Publicado o 16/01/2021 00:20
Mahmud Abás convoca eleccións lexislativas e presidenciais

Mahmud Abás convoca eleccións por primeira vez en 15 anos

O presidente palestino, Mahmud Abás, convoca eleccións lexislativas e presidenciais para este 2021. É a primeira vez que os palestinos irán ás urnas en 15 anos. Teñen dereito a voto os máis de 5 millóns de persoas que viven en Xerusalén leste e nas franxas de Cirxordania e Gaza.

O proceso electoral desenvolverase en tres etapas. Os comicios para renovar o parlamento serán o 22 de maio, as presidenciais o 31 de xullo e o 31 de agosto realizarase a votación para o Consello Nacional Palestino. Este órgano agrupa a meirande parte das faccións integradas na Organización para a Liberación de Palestina (OLP).

As últimas eleccións presidenciais foron en 2005 e as lexislativas en 2006, cando o movemento islamista Hamás se fixo co goberno en Gaza.