CRTVG

Buscar

Magosto interxeracional e intercultural na Cruz Vermella

Publicado o 07/11/2019 20:16

Ourense recende xa a castañas asadas. A Cruz Vermella adiántase á celebración da festa máis agardada da provincia ourensá xunto co Entroido.

O singular deste magosto é que é intercultural e interxeracional. E as persoas maiores lembran enredos de antano que tiñan esquecidos. Esta fin de semana é a grande dos magostos e os montes de Ourense fumegarán e soarán a festa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/11/2019