CRTVG

Buscar

Maduro anuncia unha orde de arresto por conxura contra un grupo liderado por Guaidó

Publicado o 16/12/2019 10:39

O presidente de Venezuela, Nicolás Maduro, ordenou arrestar todos os implicados nunha suposta operación terrorista que, segundo dixo, lideraban os opositores Juan Guaidó e Leopoldo López coa axuda de Colombia.

O obxectivo desta presunta conspiración sería facerse con armas para provocar disturbios en polo menos seis estados venezolanos. De momento, descoñecese se a orde de arresto inclúe tamén a López, líder de Voluntad Popular e refuxiado na embaixada de España, e a Guaidó, que fora elixido polo Parlamento como presidente interino do país.

Noticias web

16/12/2019