CRTVG

Buscar

Madrid ten xa un paso de vaca

Publicado o 07/11/2019 14:59

Madrid conta dende hoxe co seu primeiro paso de vaca e súmase así aos que dende o mes de setembro se inauguraron en catro concellos de Galicia. O da capital está pintado no Ifema, onde se está celebrando a feira Biocultura, de produtos ecolóxicos e de consumo responsable.

O obxectivo deste paso de vaca é poñer en valor a importancia que ten o rural e sobre todo as vacas, que forman parte da nosa paisaxe e tamén da nosa cultura.

Noticias web

07/11/2019