CRTVG

Buscar

Madrid restrinxe a mobilidade aos habitantes de 47 distritos e barrios da comunidade, pero non haberá multas ata o mércores

Publicado o 21/09/2020 14:45

Desde hoxe os máis de 850.000 habitantes das 47 zonas da Comunidade de Madrid con maior incidencia do coronavirus terán restrinxida a súa mobilidade e os establecementos abertos ao publico limitada a ocupación á metade.

Durantes as primeiras 48 horas, nos controis establecidos no perímetro dos distritos e barrios afectados non se multará os que incumpran as medidas. Máis de 850.000 madrileños, o 13 por cento da poboación da comunidade autónoma, teñen restrinxida desde hoxe e durante dúas semanas a súa mobilidade para frear os contaxios por coronavirus.

En varias zonas de seis distritos da capital, os veciños só poderán entrar ou saír por motivo xustificado.

"Está un pouco ben, pero creo que debería ser para todo o mundo igual".

"Se quere que lle diga a verdade, eu vexo a mesma xente ca todos os días".

"A ver, a xente ten que traballar. A xente temos que saír cos netos, con todo. Paréceme horrible, pero en fin".

Outros seis concellos da comunidade comparten a mesmas restricións á mobilidade e de ocupación dos establecementos abertos ao público.

"Non temos barra, temos o 50% das mesas e o 50% da terraza".

"Logo esta noite ás dez temos que ter pechado, a cal e canto, claro".

Nos controis establecidos para asegurar que se respectan as medidas non se sancionará durante as primeiras 48 horas.

"Isto é unha lea, ninguén sabe por onde ir, é o único que lle podo dicir, e estou seguro de que é así."

"Pillounos todo un pouco de sorpresa pero máis ou menos xustificado, xustificado".

"Pero a ver por onde podemos pasar e por onde non, é a única péga que encontramos porque non hai información, non hai sinais".

Os parques e os xardíns pemaneceran igualmente pechados mentres duren as restricións e as reunións limítanse a seis persoas en toda a comunidade madrileña.

Noticias web

21/09/2020

Máis sobre actualidade