CRTVG

Buscar

Madrid e Cataluña insisten en solicitar facer tests de antíxenos nas farmacias

Publicado o 18/11/2020 14:34

Cataluña e Madrid insisten: queren facer tests de antíxenos masivos nas farmacias. Enrique López, Conselleiro de Xustiza de Madrid, di que os test rápidos nas farmacias "permitirían mellorar a capacidade diagnóstica".

Isabel Díaz Ayuso pediullo directamente á Comisión Europea nunha carta. Pero, de momento, a Axencia Española do Medicamento e Sanidade rexeitan a proposta. O Goberno alega que as farmacias non son os espazos axeitados, e pide cautela.

Silvia Calzón, secretaria de Estado de Sanidade, di que "hai que ser cauteloso, sobre todo á hora de interpretar os resultados", xa que se non poden darse falsos negativos.

O sector da enfermería tamén está en desacordo e advirte: "O persoal adestrado para facer estas probas son os enfermeiros e os médicos", asegura José Luís Cobos, vicesecretario do Consello Xeral de Enfermería.

Será un dos temas que se van tratar no Consello Interterritorial deste mércores. Países como o Reino Unido, Francia e Portugal realizan xa este tipo de probas rápidas nas farmacias, que permiten coñecer o resultado en menos de media hora.

Outras rexións como as Baleares optarán por vender test de autodiagnósitico con receita médica. E Galicia foi a primeira comunidade en facer test, doutro tipo, os serolóxicos, a través das farmacias.

 

Noticias web

18/11/2020