CRTVG

Buscar

Madrid duplica os casos de coronavirus en 24 horas

Publicado o 13/08/2020 09:46

Situación do coronavirus no conxunto de España. Os novos casos superaron os 2.000 en 24 horas.

Madrid foi a última comunidade en notificar os datos por problemas técnicos. Son 654 contaxios en 24 horas, o dobre ca na xornada anterior. Na última semana suman máis de 5.000 positivos e a comunidade localizou 5 novos gromos, a maioría no ámbito laboral.

En Aragón melloran as cousas, pero aínda así o Exército continúa coa montaxe dun hospital de campaña no Clínico de Zaragoza, por se fose necesario. O presidente autonómico reclama unificar criterios á hora de facilitar os datos.

En Cataluña dan por estabilizada a curva de contaxios. Esta fin de semana farán novas probas masivas en Barcelona. E investigan a morte dunha nena de once anos, en Tarragona, que dera positivo por coronavirus hai uns días.

Andalucía, con 200 casos novos, está duplicando as infeccións diarias. E en Euskadi preocupan as residencias, con varios gromos importantes e os datos de falecementos volven a niveis de hai dous meses.

Noticias web

13/08/2020