CRTVG

Buscar

A Sanidade madrileña decreta como laborables o Xoves e o Venres Santo para garantir a asistencia

Publicado o 08/04/2020 15:15

A Comunidade de Madrid acaba de decretar que o Xoves e o Venres Santo sexan días laborables para poder así garantir a asistencia.

Madrid é a comunidade máis castigada pola pandemia. E nas últimas horas viviu un novo aumento no número de falecidos, 235 no último día. Os mortos superan os cinco mil trescentos, o que obriga a activar todo tipo de recursos pola acumulación de cadáveres. Con todo, a presión nos hospitais continúa baixando. 

A Comunidade de Madrid vai utilizar Ifema como centro de referencia para o repregamento que vai haber trala baixada no número de casos. Hai 800 ingresos menos do habitual. Este centro sanitario provisorio será a referencia para a COVID-19. Algúns hospitais xa volveron á súa actividade normal.

Nos hospitais de Barcelona, Correos iniciou a repartición dos respiradores que fabrica SEAT para as UCI. Preocupan máis as residencias de anciáns. En Barcelona hai 40 confinados nunha residencia de Cardona. Nesta de Sevilla morreron 24 persoas. A Junta de Andalucía fixo unha inspección. O Concello de Barcelona prevé o colpaso dos servizos de crematorio dos tanatorios a partir do mércores. Tamén está colapsado o Rexistro Civil da capital catalá.


 

Noticias web

08/04/2020