CRTVG

Buscar

Madrid adianta o toque de queda e Euskadi pecha os concellos perimetralmente

Publicado o 22/01/2021 18:36


A Comunidade de Madrid adiantou o toque de queda das 23.00 ás 22.00 horas e o peche da hostalería e establecementos non esenciais das 22.00 ás 21.00 horas, e prohibiu as reunións de non conviventes. "A situación está a cambiar, estamos nun novo escenario que obriga a cambiar as regras de xogo", informou en conferencia de prensa o conselleiro de Sanidade, Enrique Ruiz Escudero.

Esukadi entra en alerta vermella. O Goberno vasco pecha perimetralmente todos os municipios e reduce a catro as xuntanzas entre non conviventes. Bilbao xa estreou este xoves o confinamento e o peche total da hostalería.

Baleares decidiu pechar a illa de Eivisa de forma perimetral ata finais de xaneiro e a Generalitat Valenciana publicará de forma "inminente" o decreto que limita as reunións a unidades de conviventes publicarase de forma "inminente".

O decreto valenciano incluirá excepcións como os casos de crianza e coidados de familiares ou enfermos, a convivencia alterna dos fillos de matrimonios que non conviven por custodia ou visitas, o acollemento familiar en todas as súas modalidades ou cando unha persoas maior que viva soa se una a unha unidade de convivencia ampliada.

E Cataluña reclamou ao Estado as ferramentas para poder decretar o confinamento domiciliario no caso de que sexa necesario e se o aconsellasen os técnicos, aínda que sinalou que este non debe ser o "obxectivo principal" do Govern, polos custos que carrexa.

 

 

Noticias web

22/01/2021