CRTVG

Buscar

Francia incorpora unha plataforma voadora no desfile militar da súa festa nacional

Publicado o 14/07/2019 19:31

Emmanuel Macron rodeouse dos seus socios europeos na celebración da festa nacional de Francia. De feito, o tradicional desfile militar rendeu homenaxe este ano á cooperación europea. Por parte de España, acudiu a ministra de Defensa, Margarita Robles, que agardou a Macron na tribunal xunto o resto de invitados, mentres o presidente francés pasaba revista ás tropas. Un paseo no que Macron foi recibido con apupos por parte dalgúns cidadáns.

Desfilaron 4.300 militares, 196 vehículos, 237 cabalos, 69 avións e 39 helicópteros. Por vez primeira houbo participación dos tres exércitos españois e da Garda Civil. Desde Galicia desprazáronse alá unha compañía da Brilat e unha representación da Escola Naval Militar de Marín.

A exhibición militar francesa incluíu unha mostra das últimas tecnoloxías a disposición das tropas, desde robots ata unha plataforma voadora que pode desprazarse a 190 quilómetros por hora e ten unha autonomía de dez minutos.

Noticias web

14/07/2019