CRTVG

Buscar

Macri pide coidar A Arxentina no seu acto de despedida como presidente

Publicado o 08/12/2019 11:14

O presidente arxentino saínte, Mauricio Macri, despediuse dos seus seguidores na emblemática praza de Maio e emprazounos a "coidar" o país, para que non o "rouben" e defendelo se alguén quere "intentar abusar" del.

Macri, a quen sucederá no poder o presidente electo, Alberto Fernández, dixo: "Temos que coidar a nosa querida Arxentina de que non a rouben, que non a maltraten, que non a estafen, que non a descoiden nunca endexamais".

O novo equipo presidencial terá como vicepresidenta a Cristina Fernández, ex-presidenta entre 2007 e 2015 e investigada pola xustiza por suposta corrupción en varias causas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/12/2019