CRTVG

Buscar

Álvaro Santos, ex-secretario do PSdeG de Lugo, critica as actuacións de Gonzalo Caballero

Publicado o 26/12/2019 20:18

O ex-secretario dos socialistas lugueses amósase crítico coas decisións que a dirección galega do PSOE tomou na provincia de Lugo neste ano. Álvaro Santos asegura que se antepuxeron os intereses persoais aos do partido e aos da sociedade e que por iso perderon 9.000 votos nas últimas eleccións xerais. Santos mesmo pon en dúbida que Gonzalo Caballero teña "proxecto" para Galicia.

"Houbo 9.540 votos menos para o partido socialista nas eleccións de novembro respecto das de abril. Iso significa que se perdeu máis porcentaxe de voto -un 14%- que no resto de España. Eu creo que a solución pasa por atender as organizacións en clave de servizo á cidadanía e non en clave de acolmatación de intereses orgánicos de control da propia organización", asegurou.

A dirección do PSdeG de Lugo responde a estas declaracións. Nun comunicado, sinalan que os socialistas alcanzaron moi bos resultados nas eleccións xerais e municipais deste ano, e restanlle importancia aos posicionamentos dun militante de base, din, que só se representa a si mesmo.

 

Noticias web

26/12/2019