CRTVG

Buscar

Luz verde ao estatuto das electrointensivas, que beneficiará 602 empresas

Publicado o 15/12/2020 20:06

• Créase un fondo con achegas das empresas para reducir os custos fixos da factura da luz

• Conde lamenta que o estatuto electrointensivo chegue "tarde e sen consenso"

 

O Consello de Ministros aprobou hoxe o Estatuto de consumidores electrointensivos, co que prevé axudar un total de 602 empresas de gran consumo de enerxía.

A voceira do Goberno, María Jesús Montero, explicou que estas empresas, que desenvolven 60 actividades industriais e dan traballo a uns 300.000 empregados, disporán dun marco normativo que dotará de "seguridade e certeza sobre o custo da enerxía".

O novo estatuto segue un modelo que, dixo Montero, é equivalente ao doutros países europeos, e "supón un apoio permanente para a industria". Así, explicou, "grazas á concesión das axudas poderán mitigar os efectos adversos do alto custo enerxético e reducir a factura".

O estatuto pretende, segundo Montero, impulsar tamén proxectos de I+D+i e de substitución de fontes contaminantes, Ademais, obriga ao mantemento da actividade produtiva durante un mínimo de tres anos a partir da concesión da axuda.

Dous anos despois do seu anuncio, o Consello de Ministros aprobou este martes o estatuto das electrointensivas, co que conta beneficiar máis de 600 empresas en toda España, as grandes consumidoras de enerxía. Unha delas é Alcoa San Cibrao. O estatuto podería ser clave para a súa supervivencia, porque marca prezos máis competitivos para a electricidade. Para poder acollerse a el, o Goberno pon, entre outros, este requisito.

Os traballadores non confían que Alcoa dea marcha atrás. Cren que o estatuto chega tarde."Chega tarde no tempo, e ademais é igual que o borrador ao que nós lle presentaramos alegacións", aseguou Antonio Zan, presidente do comité de empresa 

Coincide tamén a Xunta, que critica que non se tiveron en conta as súas achegas. "Non temos ningún tipo de resposta e polo tanto non sabemos cal é o alcance real que tren o estatuto. Esperemos que o Goberno poida corrixir esta situación", salientou Francisco Conde, vicepresidente segundo da Xunta e conselleiro de Economía

A dirección de Alcoa di que polo momento non coñece o texto do estatuto, polo que falta por saber se lle fará cambiar de decisión e continuar coa produción de aluminio en San Cibrao.

Fondo de sostibilidade do sistema enerxético

Neste ámbito, o Consello de Ministros aprobou tamén un proxecto de lei para crear un fondo nacional de transición enerxética. Isto é, un fondo que, segundo María Jesús Montero, "permitirá reducir factura da electricidade e garantir a solvencia sistema eléctrico".

O actual sistema, deseñado en 2012, "non é válido" e implicaría, dixo, unha subida da parte regulada da factura da luz "do seis e medio por cento nun ano".

O anteproxecto do Goberno establece "a creación fondo nacional de sostibilidade do sistema enerxético para cubrir os custos fixos da factura, o chamado recore".

Ata agora este custo págano directamente os consumidores, tanto cidadáns como emrpesas. Co novo mecanismo, dixo Montero, "o fondo non se financiaraía con cargo ao recibo da luz senón con achegas das empresas que venden enerxía". Estas empresas "terán que facer achegas segundo a súa venda de enerxía".

O novo mecanismo prevé exencións e bonificacións, será "gradual e progresivo e implementarase nos vindeiros cinco anos".

Engadiu que "non aumenta presión recadatoria senón que a resdistribúe entre os consumidores e os vendedores de enerxía". Deste xeito, dixo, ."os consumidres domésticos verán reducida a súa factura" mentras que, de non crearse este fondo, "a suba media da factura sería do 6,5 por cento nun ano".

O impacto deste novo mecanismo, segundo a voceira, "será socialmente progresivo: vai beneficiar os fogares vulnerables" entendidos como "os que dedican máis parte dos seus ingresos ao pagamento da factura".