CRTVG

Buscar

Luz verde á comisión de investigación pola operación Kitchen

Publicado o 01/10/2020 12:22

Luz verde do Congreso á investigación sobre o PP proposta polo Partido Socialista e Unidas Podemos. 206 deputados, os dos partidos da coalición, das forzas soberanistas e de Ciudadanos votaron a favor. Houbo 54 abstencións, de Vox e Coalición Canaria. O PP foi o único que votou en contra.

A comisión investigará a presunta utilización de efectivos, medios e recursos do Ministerio do Interior para favorecer intereses políticos do PP e anular probas inculpatorias de casos de corrupción durante os Gobernos do Partido Popular.

Noticias web

01/10/2020