Luz Casal agasalla cun concerto a piano o público asistente ao Festival da Luz en Boimorto
Despois de que Eladio y los Seres Queridos despediran xa o público do Festival da Luz ata o vindeiro ano, chegaba a maior sopresa do certame. Luz Casal ofreceu un emotivo concerto a piano que non estaba programado.
Saía ao esceneraio asegurando que serían un par de cancións, pero finalemente foron catro temas. Luz Casal agasallaba o seu publico cun recital emotivo. A súa voz soou acompañada só dun piano, unha opción que a intérprete ofrece en contadas ocasións.
Foi o colofón da edición máis especial deste festival de música xa consolidado como unha cita anual en Boimorto. As máscaras, o xel e as leiras parceladas para o público eran obrigadas.
A anfitrioa do certame despediuse, emprazando os asistentes para o ano próximo e interpretando o Negra Sombra.