CRTVG

Buscar

Lupe Murillo, en conversa con Lendoiro, fala do machismo no fútbol

Publicado o 12/12/2019 20:48

Lupe Murillo, compartiu algunha das escenas máis indignantes que viviu no fútbol. Viviu auténticos menosprezos machistas por ser muller e directiva
"En Almería, no século XXI, eu fun de vicepresidenta do Pontevedra nunha eliminatoria de ascenso, e todos os meus compañeiros da directiva entraron por unha porta, que era a porta dos xogadores, e a min paráronme. Preguntei por que non podía entrar, que eu non era a muller dun directivo, que eu era directiva tamén. Dixéronme que non, que nunca na historia entrara unha muller por esa porta e que tiña que dar a volta arredor do campo. Sentoume moi mal, pero isto pasa ás veces no fútbol"
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/12/2019