CRTVG

Buscar

Luis Fernández reencóntrase en Grecia logo de dúas lesións graves

Publicado o 30/05/2020 20:10

Dúas graves lesións marcaron a carreira deportiva de Luis Fernández. Dúas roturas do ligamento cruzado que o tiveron nove meses inactivo.

Pero das dúas, o dianteiro burelés volveu máis forte do que marchou ata o punto de ser na actualidade un dos homes fortes do Asteras de Tripoli, unha cidade de 35.000 habitantes, que milita na Primeira división grega.

"Este ano foi moi importante, foi un punto de inflexión e aprendes a valorar doutra forma cando está dispoñible para poder xogar e aproveitas máis os adestramentos, a competición, e gozalo moito máis", explicou Luís Fernández.

Luis Fernández é o segundo máximo realizador do Asteras con seis goles en partidos oficiais, cinco deles na Liga que teñen ao equipo trece puntos por riba do descenso.

"O rexistro goleador podería ser moito mellor, pero estou contento, porque despois de moito tempo volvín disfrutar de continuidade, de partidos, de xogar noventa minutos a meirande parte dos partidos e esto para mín é o máis importante", dixo o de Burela.

Todoiso nun Asteras ao que Luis Fernández describe como...

"Unha gran familia, a verdade, sempre que baixa o presidente falar con nós di que o Asteras non é un clube, senón que é unha familia.", recoñeceu o galego.

Luis Fernández, o último deus grego do Asteras Tripoli.


 

Noticias web

30/05/2020