CRTVG

Buscar

Luis de Guindos calcula que a economía da zona euro se recuperará a finais de 2022

Publicado o 11/01/2021 14:55

Para o vicepresidente do Banco Central Europeo, a campaña de vacinación alenta as previsións económicas.

Luis de Guindos calcula que a finais do ano que vén a zona euro vai recuperar as cifras que tiña antes da pandemia. Nunha entrevista radiofónica, asegurou que "imos ter dous anos dun crecemento arredor do 4 % no 2021 e 2022. É dicir, que a finais do ano próximo esperamos recuperar, se todo vai ben e acorde coas nosas proxeccións, o nivel precovid".

 

Noticias web

11/01/2021