CRTVG

Buscar

Luis César sumou a metade de puntos que Anquela

Publicado o 09/12/2019 19:55

Canda o Deportivo, Luis César vive tamén o seu particular calvario. Nove partidos, ningunha vitoria e catro puntos. Números que mesmo empeoran os do seu predecesor Anquela. Cun partido máis, dez, o andaluz achegou oito puntos. O galego entende que o cuestionen: "A min trouxéronme aquí para resolver unha situación e non a estou a resolver. Tócame ser diana, cheguei hai nove partidos, mentres non gañe son diana e a miña diana é máis grande".

Tampouco lle resulta estraño que o seu cargo corra perigo. "No libreto do fútbol está sempre que se non se gañan partidos hai que cambiar de adestrador e iso é o normal, está así establecido, é algo asumido por todos. É así, iso é máis antigo ca o balón", recoñece o técnico.

Así e todo, turra por sacar o carro da lama. "Estiven moitas veces en descenso e non son momentos agradables, un non se acostuma a isto, a estar aí abaixo e padecer pero xa coñezo estas sensacións e eu síntome con forzas. Non son un novel, eu teño que sacar isto como sexa e tocar a tecla que teño que tocar para amañar isto", sinala o arousán.

Cando chegou lindaba coa fronteira da permanecia, agora está a oito puntos.

Noticias web

09/12/2019