CRTVG

Buscar

Luis César: "Non baixo a garda, ata o último día dareino todo"

Publicado o 19/12/2019 20:14

Atópase Luis César nun dos momentos máis incómodos da súa carreira. Non é o peor.

"Estiven en situacións peores ca esta. Si, en Albacete estiven peor que aquí. Gustaríame estar noutra situación, é pura lóxica, pero tócame vivir isto e non vai baixar nin un ápice a miña profesionalidade", di o aínda adestrador do Deportivo.

No mundo dos técnicos cómpre ter sempre a maleta na man.

"Isto non é un mundo idílico, non é un mundo doado, tampouco lle importa a ninguén que isto sexa un problema para min, eu son un profesional disto e teño que saber manexarme nestas situacións", recoñece o arousán.

Asegura Luis César que non vai baixar os brazos aínda que sexa o seu último partido no banco de Riazor.

"Eu non baixo a garda, ata o último día douno todo, porque xa digo se non teño o regalo dos resultados teño que levar o regalo da dignidade e iso teño que facelo a través dos meus esforzos", di o técnico.

Esforzos que enfoca en acadar, diante do Tenerife, a súa primeira vitoria en Liga despois de dez intentos sen ningún froito.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/12/2019