CRTVG

Buscar

Luís César busca e necesita un partido redondo do Deportivo ante o Zaragoza

Publicado o 07/12/2019 15:10

Último adestramento para preparar o partido redondo que busca o Deportivo. Ese no que manteñan a defensa dos últimos encontros, pero no que o ataque xenere réditos.

"Temos que ser máis precisos, contundentes e voraces e cargar máis as áreas", di Luís César.

Marcar é o único camiño cara as vitorias que necesitan. Máis nunha semana na que outra vez os seus rivais directos puntuaron todos.

Luis César asume que no equipo "temos a presión a rebosar, non nos gusta, pero estamos xa afeitos"

Busca rodearse dos mellores, e entre eles non dubida en contar con Peru Nolaskoain. A quen non lle pasa factura polo seu crítico vídeo en redes sociais.

"Peru é un gladiador, un dos meus guerreiros. Non llo teño en conta. Os rapaces de 20 anos equivócanse", aceptou o adestrador do equipo coruñés.

Con toda probabilidade será un dos titulares mañá ante o Zaragoza, nun once no que o técnico contempla poucos cambios. Regresou Jovanovic á convocatoria, na que aínda haberá descartes.

Noticias web

07/12/2019