CRTVG

Buscar

Luis César baralla xogar cun trivote ante o Alcorcón

Publicado o 19/11/2019 21:29

Toma notas no adestramento, fala con uns, fala con outros e cotexa datos co seu axudante. Luis César prometeu trocos, de nomes e de sistema. As primeiras probas apuntan a un reforzamento da liña media con tres homes. O vestiario asiste expectante e dalle carta branca

"O vestiario está a morte co míster, non hai dúbida sobre el e se el pensa que esa é a solución todos imos ir na mesma liña e se non facemos iso é o que nos vai levar abaixo", considera Salva Ruiz.

No aspecto mental, os futbolistas loitan por non baixar os brazos. Salva Ruiz cre que a experiencia é chave para aturar a presión: "Levamos todos moito tempo adicándonos a isto, somos profesionais disto e en teoría non nos ten que afectar a responsabilidade nin a presión de termos que saír de aí"

Lembra o lateral esquerdo que o Deportivo dispón dun equipo de apoio psicolóxico para aqueles que se poidan ver superados pola situación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/11/2019