CRTVG

Buscar

Lugo ten a menor taxa de letalidade por coronavirus de España

Publicado o 17/04/2020 14:22

Lugo é a provincia de España cunha menor taxa de letalidade por coronavirus e onde falecen menos de 5 de cada 100 contaxiados. Crese que a dispersión xeográfica, o carácter rural da provincia e a menor mobilidade da poboación son algúns dos factores da baixa incidencia da COVID-19.

Os expertos resaltan tamén o uso da plataforma Telea para o seguemento de pacientes illados nos seus domicilio e o control, pioneiro, que os xeriatras do Hula realizan nas residencias.

Ademais, tanto en Lugo coma no resto da comunidade, a incidencia do virus foi máis tardía, o que permitiu que os hospitais estiveran máis preparados e puidesen prestar unha mellor atención aos pacientes.

Noticias web

17/04/2020