CRTVG

Buscar

Lugo e Pontevedra suavizan as restricións na hostalaría, pero manteñen o peche perimetral

Publicado o 11/12/2020 16:36

A situación epidemiolóxica de Lugo mellora, pero non abondo. Sanidade relaxa as medidas no que respecta á hostalaría, pero mantén polo momento o peche perimetral.

Os lucenses teñen ganas de poder saír: "Teño unha neta pequena que vive fóra de Lugo e isto é o que máis me importaba neste momento", comenta unha lucense, mais estes encontros teran que esperar.

Os datos son bos. A incidencia de novos contaxios baixa dos 150 nos últimos 14 días, tamén descende a porcentaxe de novos positivos, por debaixo do limiar do 5 por cento que establece a OMS.

A cidade de Lugo pasa ao nivel medio, o que implica unha ampliación do horario ata as once e tamén a ocupación dos locais, que en terraza irá ata o 50 % e o 40 % no interior dos establecementos. As reunións poderán ser dun máximo de seis persoas.

"Conversar coas persoas, relacionarse, todo iso faime moita falta", di unha veciña.

Máis cambios

Rebaixan o nivel de restrición en Pontevedra Poio e Marín, pola diminución da inicidencia acumulada a catorce días. Os tres levaban en nivel máximo dende o 4 de diciembre, e pasan ao nivel medio alto. A hostalería pode abrir no interior un 30% de ocupación, mantenendo o 50% en terraza e a apertura ata las 17 horas. O máximo de persoas xuntas non conviventes é de catro e mantéñense, efectivamente, as limitacións de mobilidad co peche perimetral. 

Noticias web

11/12/2020