CRTVG

Buscar

Lugo sacará os caldeiros de polbo á rúa polo San Froilán

Publicado o 24/09/2020 19:57

Esta imaxe de casetas cheas para degustar o polbo no San Froilán non se vai repetir este ano. De feito nin se van instalar, xa que non haberá festas como tal. Pero para non perder a tradición, e tamén para axudar os hostaleiros nun momento moi delicado pola crise sanitaria, o Concello de Lugo deulle visto e prace á petición dos empresarios para poder sacar á rúa os caldeiros do polbo. Algo innovador que os hostaleiros ven positivo, pero que pode ter as súas complicacións.

Os negocios interesados deberán solicitar autorización e poderán ter os caldeiros na rúa durante todo o mes de outubro. Os hostaleiros agardan que se levanten as restricións en Lugo polo coronavirus para poder aproveitar unhas datas que nun ano normal supoñen unha elevada porcentaxe dos seus ingresos anuais.

Noticias web

24/09/2020