CRTVG

Buscar

Lugo-Huesca, outra oportunidade para romper o gafo do Anxo Carro

Publicado o 18/10/2019 19:49

Esta é a única vitoria do Lugo na casa. Contra o Fuenlabrada, na quinta xornada. E aínda que fóra non perden, os malos resultados no Anxo Carro son un lastre que mina a confianza.
Eloy Jiménez, adestrador do Lugo: "A min pasoume, que ás veces na casa non estás cómodo e fóra xogas máis liberado".

Revertelo esta xornada implicaría gañarlle ao Huesca, un aspirante ao ascenso que anda falto de gol. Cun ex do Lugo, David Ferreiro que xa xogaba no Huesca cando consumaron o ascenso en Lugo hai dúas temporadas.

David Ferreiro, S. D. Huesca: "Moitos recordos, conseguimos ascenso. É un campo que en teoría, dásenos ben".

O Lugo é o cuarto por abaixo. Gañar na casa é fundamental: "Os obxectivos pasan por ser fortes na casa".

A permanencia pasa polo Anxo Carro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/10/2019