CRTVG

Buscar

Lugo engalánase para celebrar os 350 anos da ofrenda do antigo Reino de Galicia

Publicado o 30/06/2019 14:30

A ofrenda do antigo Reino de Galicia ao Santisimo Sacramento cumpre 350 anos. O concello e a catedral luguesa engalanáronse para celebrar unha ocasión, que máis aló do relixioso, xa se considera parte da identidade cultural galega.

Cúmprense 350 anos do acordo da Xunta do Reino de Galicia, cando en 1669 se aceptou o donativo para manter o número de velas para o alumeado do Santísimo na catedral lucense. Representantes das sete antigas capitales galegas asinaron entón o donativo de 30.000 ducados e estableceuse a celebración dunha misa anual o domingo da infraoitava de Corpus.

Este ano asistiron á cita representantes de Betanzos, A Coruña, Lugo, Mondoñedo, Ourense, Santiago e Tui, e esta última localidade foi a encargada da facer a ofrenda. Son moitos tamén os galegos de distintos recunchos que participan nun evento que consideran forma parte da identidade cultural de Galicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/06/2019