CRTVG

Buscar

Lugo acolle os mellores 'gamers' nun encontro na Casa dos Deportes

Publicado o 29/03/2019 22:03

Atención os amantes dos videoxogos e da realidade virtual. Estes días van poder gozar ao grande en Lugo. Os amantes dos videoxogos teñen esta fin de semana unha cita obrigada na Casa dos Deportes de Lugo. Aquí poderán coñecer as últimas novidades do sector e os máis modernos avances tecnolóxicos en canto a xogos, complementos e realidade virtual. Unha ocasión única para desfrutar do mundo da eléctrónica pero, quen sabe, tamén unha oportunidade para buscar o seu futuro.

Dende o Fortnite que arrasa entre a xuventude ata todo un clásico dos anos 90 como o Street Fighter ou os modernos simuladores de carreiras de coches. Os videoxogos máis coñecidos están ao alcance dos aficionados no Ludus Gaming, un evento que reúne en Lugo non só o último en tecnoloxía senón tamén a auténticos expertos que fixeron do mundo virtual o seu medio de vida. É o caso de Álex Alguacil, que fichou pola sección de E-sports do Fútbol Club Barcelona.

No Ludus Gaming despútanse torneos tanto individuais como por equipos dos diferentes videoxogos. Aínda que se pode vivir deles, os expertos lembran que hai que tomalos como un xogo e facer o posible por que non se convirtan nunha adicción.

Ademais de videoxogos, no evento tamén se pode practicar o uso de pequenos drons ou desfrutar do máis moderno en canto a realidade virtual.







 

Noticias web

29/03/2019