CRTVG

Buscar

Lugo, a provincia coa vivenda máis barata de Galicia

Publicado o 04/09/2020 20:49

Cun prezo medio de 1.000 euros por metro cadrado a de Lugo é a provincia máis barata para mercar vivenda. Pero cada concello é un mundo e cada zona ten as súas peculiaridades e prezos. Segundo nos afastamos da capital, os prezos baixan e este ano descenderon tamén na Mariña lucense.

"A costa non é tan cara como era antes, agora baixou bastante o prezo. Eu creo que o que se está demandando moito son concellos tipo Rábade ou Outeiro de Rei. Están cerca de Lugo e unha vez que colles o coche saen máis baratos e agora co tema do coronavirus a xente prefire casas e tirou por aí un pouco", sinala Asier Barja da Inmobiliaria Ronda.

Dentro da provincia Lugo cidade é a opción máis demanda e tamén a máis cara. Aquí o prezo medio da vivenda ascende ata os 1.300 euros o metro cadrado pero tamén hai que ten en conta outras circunstancias.

"1.000 euros o metro cadrado pero tendo en conta antigüidade, cando falamos de pisos de entre 20/25 anos. Se falamos de obra nova serían 2.000 ou 1.800 dependendo da localización", sinala Diego Pozo da inmobiliaria Piso Fácil.

Sinalan as inmobiliarias que tras o confinamento o mercado está vivo e cheo de movemento pero no caso de Lugo o que escasea é o alugueiro, hai moita demanda pero apenas hai oferta.
 

Noticias web

04/09/2020