CRTVG

Buscar

Lugar da Veiga, distinguida como peme do ano en Lugo

Publicado o 20/10/2020 14:56

Co amasado e a posterior fermentación comeza a elaboración das galletas mariñeiras, unha adaptación moderna do coñecido como pan de barco. A innovación dun produto tradicional, xunto con outros valores como a responsabilidade social fixeron que Lugar da Veiga se recoñecera como a Peme do ano en Lugo.

"Un dos obxectivos do proxecto era contribuír ao desenvolvemento local e que se recoñeza eso é unha alegría moi grande", sinala Xosé Lois Lamazares, coordinador do proxecto.

Comezaron cinco aló polo 2005, pero agora son moitos máis.

"Apostamos polo concepto de economía social e fóronse incorporando traballadores como socios do proxecto. Empezamos 5 e hoxe somos 47 socios", sinala Xosé Lois Lamazares, coordinador do proxecto.

Crearon ademais 83 postos de traballo e a empresa experimenta un crecemento anual por encima do 30%.

"Estamos 83 persoas, a maioría en produción, e elaboran diariamente por encima de 6.000 quilos de galletas", sinala Xosé Lois Lamazares, coordinador do proxecto.

O seu produto comercialízase principalmente entre Galicia e Portugal.

Noticias web

20/10/2020