CRTVG

Buscar

Luciano Méndez: "Só teño que dicir que eu non lle dou clase a mulleres en topless"

Publicado o 23/10/2019 10:40

"Dáme igual que me mande o reitor, o presidente de España ou Cristo bendito, eu non lle dou clase a mulleres en topless, a ver se nos decatamos dunha vez de como son eu", así o dixo esta mañá ante os micrófonos da Televisión de Galicia o profesor Luciano Méndez.

Ás portas da Facultade de Económicas da Universidade de Santiago, o profesor non quixo contestar preguntas e só fixo unha declaración: "Non me preocupa defender isto ante quen faga falla, ás miñas clases vense traballar. Creo na lóxica e na razón e por iso me dedico a instaurala nos meus alumnos". 

O docente universitario defendeu a súa forma de dar clases: "Claro, eu comprendo que nesta sociedade a xente di: 'Quen é este personaxe tolo que nos vén falar de valores? Hai que expulsalo, é un individuo perigoso'".

Ao mesmo tempo, dixo: "Quería aproveitar esta polémica para falar de algo que na miña imaxe pública me preocupa máis, que é ser acusado de maltratador. Quero deixar claro que fun absolutamente absolto dese problema", e concluíu a súa declaración.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí