CRTVG

Buscar

Lucas Vázquez, na Radio Galega: "O recibimento en Riazor non senta ben, sobre todo, pola familia"

Publicado o 28/03/2019 17:37

Acabado de saír dunha lesión, Lucas Vázquez entrou na enfermaría con Solari mandando e sae dela con Zidane de volta.

A temporada xa está estragada na casa branca, onde se vive, e así o percibe tamén o de Curtis, un ambiente retorto. Case tan complicado, ou máis, que dixerir ao xeito a mala baba coa que é recibido en Riazor.

Xogou Ao contraataque da Radio Galega o futbolista galego Lucas Vázquez. Tres Champions no seu palmarés. O centrocampista de Curtis abriu as portas da cidade deportiva do R. Madrid á Radio Galega. Lucas falou do Celta, do Deportivo e da temporada tan dura que están a vivir no Real Madrid. 

Seguidor insaciable da actualidade futbolística, profundo coñecedor das ligas estranxeiras e da nacional, Lucas Vázquez deita un feixe de gabanzas para Iago Aspas e desdramatiza a dependencia celeste do moañés.

O Madrid xoga o domingo co Huesca e pode botarlle unha man ao Celta. Vázquez está dispoñible para Zidane, como onte o estivo tamén para darlle Ao contraataque da Radio Galega e falarlle con franqueza a todo o país.


 

Noticias web

28/03/2019