CRTVG

Buscar

Luar na Lubre presenta o seu novo disco: 'Vieiros e vieiras'

Publicado o 26/06/2020 15:03

Novo disco de Luar na Lubre, que inclúe unha versión do himno Dum Pater familias, do Códice Calixtino. O grupo folk presenta hoxe o seu novo traballo, Vieiras e vieiros, historias de peregrinos, que incorpora tamén os sons do Camiño de Santiago.

Son catorce temas con colaboradores como Miguel Ríos, en que se recuperan vellos romances como o de Don Gaiferos. Estaba previsto que se presentase o 14 de abril, pero a pandemia impediuno.

Esta noite, na praza do Concello da Estrada, inicia a nova temporada de concertos do grupo. 

Luar na Lubre fai 35 anos, un longo camiño que agora cumpre unha nova etapa neste disco, o número dezanove, unha homenaxe aos peregrinos.

Noticias web

26/06/2020