CRTVG

Buscar

Último día para que os partidos rexistren no Congreso as propostas de grupos parlamentarios

Publicado o 29/05/2019 08:34

Hoxe remata o prazo para que os partidos políticos que obtiveron representación nas eleccións
xerais do 28 de abril rexistren as súas propostas de constitución dos grupos parlamentarios, co
que se perfila a composición da cámara.

O Congreso dos Deputados terá como pouco oito grupos: PSOE, PP, Ciudadanos, Unidas Podemos, Vox, Esquerra Republicana de Cataluña, PNE e Mixto.

Falta saber se Junts per Cat presentará a proposta de grupo ou non. En todo caso, hoxe coñecerémolo, pois acaba o prazo para facelo.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/05/2019