O primeiro premio da lotaría nacional do sorteo deste sábado vendeuse en Vigo
Publicado o 28/11/2020 21:55
O primeiro premio da lotaría nacional do sorteo deste sábado vendeuse nun estanco da cidade de Vigo. Foi nun estanco da Travesía de Vigo. O número agraciado, o 88.567, foi premiado cunha serie valorada en 600.000 euros, é dicir, 60.000 euros por décimo. A menos dun mes para o sorteo extraordinario do Nadal, a Vigo e comarca, dado que o xoves foi Redondela o concello premiado, comeza a sorrirlles a sorte.
Máis sobre Vigo
21/01/2021 15:18
19/01/2021 19:23