CRTVG

Buscar

Londres urxe a Irán a que libere o petroleiro que lle capturou o venres no estreito de Ormuz

Publicado o 20/07/2019 20:44

O petroleiro británico permanece retido no porto iraniano de Bandar Abas, con seus 23 tripulantes a bordo.

Oficialmente, Irán di que o está investigando porque colidiu cun pesqueiro iraniano, que lle lanzou sinais de alarma sen obter resposta.

Distintas autoridades xustificaron, porén, a captura como un acto de represalia por reterlles a eles desde hai dúas semanas estoutro petroleiro en Xibraltar, baixo a sospeita de levar cru a Siria.

O ministro británico de Exteriores advertiu de que pode haber consecuencias graves se a situación non se resolve rápido, aínda que matizou que non está considerando opcións militares.

A Unión Europea urxiu a liberación inmediata do barco e pediu contención para evitar que aumente aínda máis a tensión no golfo pérsico, onde nos últimos meses se produciron numerosos incidentes con barcos e drons.

Noticias web

20/07/2019