CRTVG

Buscar

Localizan unha quinta vítima en Galicia dos roubos por submisión química

Publicado o 20/05/2019 20:02

Localizada unha nova vítima, a quinta, dos dous homes detidos en Pontevedra acusados de drogar e roubar as persoas coas que contactaban a través das redes. Os dous están xa en prisión e un deles, que é colombiano, será expulsado de España xa que está en situación irregular.

Os dous sospeitosos ingresaron na prisión da Lama. Están acusados de roubo con intimidación e lesións, xa que unha das vítimas espertou cunha costela rota e outra apareceu inconsciente no portal. En principio a policía ten localizados cinco afectados, pero non descarta que haxa máis.

"Ata o de agora detectamos catro, esta mañá dixéronnos que parecer ser que hai outra vítima e estamos xa en contacto con ela para que poidamos recoller as súas manifestacións", di Diego Amaya, da policía xudicial de Pontevedra

O modo de actuar foi semellante en todos os casos. Un dos detidos utilizaba unha aplicación de móbil para quedar coa súa vítima. Citábanse nun bar, botáballe benzodiacepina na copa para vencer a súa resistencia e despois coa axuda do seu cómplice trasladaban o home drogado ao seu domicilio para roubalo. Os ladróns buscaban cousas de valor e xoias.

"Entre as xoias e bens que lle foron roubados e recuperados e agora entregadas pola policía ascendería a máis de 30.000 euros. A policía recuperou xoias, diñeiro en efectivo, tarxetas e diferentes obxectos electrónicos. A maioría xa lle foi devolto aos seus propietarios.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/05/2019