CRTVG

Buscar

Localizan o home que desaparecera no Carballiño este luns

Publicado o 02/05/2019 18:20
Localizan o home que desaparecera no Carballiño este luns

O veciño do municipio ourensán do Carballiño de 48 anos de idade que permanecía desaparecido desde o mediodía deste luns foi localizado este xoves.

Segundo informaron fontes do Instituto Armado, o home foi levado ao momento a un PAC da zona para realizarlle unha valoración médica.

Ás 21,00 horas do luns 29 de abril denunciou no Cuartel da Garda Civil do Carballiño unha muller veciña desta localidade a desaparición do seu marido. O desaparecido, Julio González Feijóo, de 48 anos e veciño do Carballiño, que se atopa a tratamento psiquiátrico por depresión, faltaba do seu domicilio desde as 12,00 horas deste luns.

Noticias web

02/05/2019