CRTVG

Buscar

Localizan grazas a un dron a muller desaparecida en Forcarei

Publicado o 11/10/2019 20:45

Estas son imaxes dun dron co que se puido dar final feliz á desaparición dunha muller de Forcarei. O aparello está dotado cunha cámara térmica. Foi el o que a localizou á unha desta mañá a catrocentos metros da súa vivenda, no lugar de Alfonsín, na parroquia de Santa Mariña de Presqueiras. Buscábana dende as oito menos cuarto da tarde. Grazas ao dron puideron evitar que pasase a noite ao raso e puideron levala a un hospital para recibir atención médica. A muller estaba desaparecida desde preto das 8 do serán.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2019