CRTVG

Buscar

Localizan en Melilla catro persoas, unha delas menor, nos dobres fondos de catro vehículos

Publicado o 25/05/2019 17:43

A Garda Civil localizou catro inmigrantes que viaxaban ocultos en dobres fondos doutros catro vehículos "con grave risco para a súa integridade física durante tres horas", no paso fronteirizo de Melilla.

A experiencia e os indicios apreciados polos axentes leváronos a facer un rexistro exhaustivo dos turismos e foi entón cando localizaron os dobres fondos nos que se agochaban as persoas, dúas delas na zona do cadro de mandos e outro na dos asentos traseiros. A cuarta localizouse nos baixos dun camión volquete.

Os condutores, todos homes de nacionalidade marroquí, quedaron detidos e pasarán a disposición xudicial finalizadas as dilixencias.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/05/2019