CRTVG

Buscar

Localizan en Madrid o cadáver do veciño de Rande sen aparentes signos de violencia

Publicado o 16/10/2019 17:33
Localizan en Madrid o cadáver do veciño de Rande sen aparentes signos de violencia

O corpo sen vida de Juan Carlos Vila de 47 anos de idade, natural de Rande, e que permanecía en paradoiro descoñecido desde o pasado 5 de outubro, foi localizado nun carreiro en Madrid, sen signos aparentes de violencia, segundo confirmou a Europa Press a súa esposa. A Policía Nacional da Comisaría de Vigo contactou coa muller máis unha semana despois de que se interpuxese denuncia pola desaparición e informoulle de que o cadáver foi atopado por unha señora ao día seguinte da devandita desaparición, nun carreiro.

O falecido, que non levaba documentación, foi trasladado ao depósito e alí permaneceu durante máis dunha semana. A súa muller lamentou que non se lle identificou antes, ou que non se lle notificase antes a aparición do corpo. "Non o entendo, porque se puideron comprobar os seus impresións dixitais, e tiña unha mancha na pel moi característica. Ademais, había denuncia de desaparición", sinalou. Juan Carlos Vila estaba a vivir en Madrid por motivos laborais (traballaba nunha obra como escaiolista). O pasado 5 de outubro, os seus compañeiros deixárono preto da vivenda que compartía, no barrio de Canillejas e, a partir dese momento, perdéuselle a pista. A súa documentación foi localizada no seu domicilio madrileño e o seu teléfono móbil estaba apagado.

Noticias web

16/10/2019