CRTVG

Buscar

Localizan desorientado en Monterroso o home de 74 anos desaparecido o luns en Carral

Publicado o 08/01/2019 12:37
Localizan desorientado en Monterroso o home de 74 anos desaparecido o luns en Carral

A Garda Civil localizou este martes desorientado no municipio lucense de Monterroso a Salvador Vázquez Méndez, de 74 anos de idade, desaparecido desde a tarde deste luns na localidade de Carral (A Coruña).

Segundo informaron fontes do Instituto Armado, o home foi localizado sobre as 11,00 horas deste martes após recibir o aviso dun veciño da zona.  O septuaxenario atopábase preto dun cruzamento de camiños, "desorientado" e "coa mesma roupa ca onte", segundo apuntaron as mesmas fontes da Benemérita. Despois ser localizado o septuaxenario foi avisada a familia, que se fixo cargo do home.

Noticias web

08/01/2019