CRTVG

Buscar

Localizado o corpo sen vida dunha octoxenaria nunha ribeira de Neda

Publicado o 07/07/2019 14:19

Atopado esta noite o corpo sen vida dunha octoxenaria nunha ribeira do concello coruñés de Neda. O corpo non presenta sinais de violencia. A súa familia non sabía nada dela dende onte á tarde cando saíra para bañarse. Comezaron entón a busca, na que participaron membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, do Grupo de Emerxencias Supramunicipais de Mugardos. As forzas da orde tratan agora de clarexar as circunstancias do falecemento.

Noticias web

07/07/2019