CRTVG

Buscar

Localizada unha nova vítima da explosión en París

Publicado o 13/01/2019 15:26

Os equipos de rescate localizaron o corpo sepultado baixo os cascallos da panadería onde se produciu a explosión. Ademais desta muller, morreron dous bombeiros e unha turista española aloxada nun hotel próximo. A familia soubo do suceso polos medios de comunicación.

Laura Sanz, de 38 anos, residía en Burguillos de Toledo e atopábase en París nunha viaxe sorpresa co seu home.

Segundo a familia, a repatriación do cadáver podería tardar ata dez días.

Noticias web

13/01/2019