CRTVG

Buscar

Lluis Costa: "Desde fóra, a situación do Obradoiro vese moito mellor que desde dentro"

Publicado o 07/05/2019 17:26

No Sar vai debutar LLuis Costa, que o domingo en Andorra anotou esta canastra. Costa chega desde o Betis e mostra a súa confianza na salvación do Obradoiro. Desde fóra aprecia a situación doutra maneira. Con tranquilidade. 

Lluís Costa, Obradoiro C.A.B.: "Ás veces a xente desde dentro ve as cousas peor que desde fóra. Ves desde fóra un equipo que está para non baixar, pero mellor que o ve a xente de dentro. E sempre lles digo a eles que hai moitos equipos que se cambiarían por nós agora mesmo. Así que hai que ver o vaso medio cheo e pensar que entre todos o imos conseguir".

 

Noticias web

07/05/2019