CRTVG

Buscar

Llovet asegura que as ventás demostraron o nivel do baloncesto español

Publicado o 20/02/2019 20:36

A selección española, coa clasificación para o Mundial da China practicamente no peto, prepara en Guadalaxara os dous últimos clasificatorios. O venres xoga contra Letonia en Riga. O luns, ante Turquía, en San Cristóbal de la Laguna.

O obradoirista Nacho Llovet asegura que o nivel da selección quedou acreditado nestas ventás. 

Nacho Llovet: "En España temos estrelas do baloncesto, cun nivel altísimo, a nivel do máximo baloncesto mundial, pero non só estrelas. Temos moitísimo baloncesto detrás e moitísimos xogadores con moita calidade, con moitas ganas e ambición de facer as cousas ben e nestas ventás demostrouse".

 

Noticias web

20/02/2019