CRTVG

Buscar

Llarena dita unha nova orde de detención e entrega contra Puigdemont

Publicado o 14/10/2019 21:14

• "A sentenza confirma a estratexia de represión e vinganza"

O Tribunal Supremo acepta así a petición da Fiscalía de extraditar o ex-presidente da Generalitat por sedición e malversación. Os mesmos delitos polos que foron condenados hoxe os 12 líderes independentistas. Polo momento, o Supremo tramitou a orde de extradición só contra Puigdemont porque entende que é o único dos sete lideres independentitas fuxidos, ao que se lle supón un verdadeiro risco de escapar a un país que non forme parte da Unión.

E é que na Unión rexe o principio de confianza nos tribunais dos estados membros, por iso Llarena reactiva agora a euroorde porque xa hai sentenza, e feitos probados, acabáronse as discrepancias sobre que tipo delitos son. Por iso agarda, que xa con sentenza, a xustiza belga reformule a entrega.
Haberá que agardar, a Fiscalía de Bélxica xa recibiu a euroorde do xuíz Llarena.

Puidemont compareceu esta mesma tarde desde aquí desde Bruxelas, pero non fixo mención á súa situación. Limitouse a valorar a sentenza da que dixo que confirma a estratexia de "represión e vinganza". O ex-presidente fixo un chamamento á mobilización non violenta e a dar unha resposta "sonora" nas eleccións xerais.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí