Lixeiro ascenso dos casos activos en Galicia tras facerse máis de 3.000 PCR nun día
Publicado o 29/06/2020 20:26
Galicia ten nestes momentos 312 casos activos de coronavirus, dous máis ca onte. Os descensos lixeiros rexistrados nas áreas de Vigo, A Coruña e Santiago (-1) non serven para contrarrestar o aumento de cinco casos que se produciu na área de Lugo por mor do brote na Mariña. E todo despois de facérense un total de 3.178 de probas PCR nun só día.
Non hai variacións nas hospitalizacións —continúan 4 persoas ingresadas en planta— nin no número de falecidos, que se mantén en 619 desde o 10 de xuño.
ÚLTIMA HORA | Lixeiro ascenso dos casos activos en Galicia (+2) tras facerse máis de 3.000 PCR nun día | CRTVG https://t.co/KlbIYafx9l pic.twitter.com/i0e0JwLpjm
— G24 (@G24Noticias) June 29, 2020
Máis sobre actualidade
26/01/2021 22:50
26/01/2021 22:49