CRTVG

Buscar

Limitan o acceso ás praias das Cíes

Publicado o 13/07/2020 14:53
Limitan o acceso ás praias das Cíes

As masificacións nas praias son un problema tamén nas praias das illas Cíes. Esta fin de semana a Policía Local de Vigo tivo que impedir o acceso a algúns areais do arquipélago.

Os axentes e membros de Protección Civil controlaron a entrada a Nosa Señora durante máis de dúas horas, ata a baixamar. Tamén tiveron que pedirlleS a varias persoa que puxesen as máscaras mentres agardaban o barco, polo escasa distancia entre viaxeiros no peirao.

 

Noticias web

13/07/2020